domingo, 23 de noviembre de 2014

Diario: Primeiro e segundo día con Luz

Nesta ocasión vou falar da primeira e da segunda clase da profesora Luz nunha soa entrada, espero que as seguintes sesións teñan cada unha a súa propia entrada.
Poderíase dicir que Luz é a parte práctica da materia, e non hai mellor maneira de practicar que meténdose en faena. Como primeira actividade realizamos un exercicio de presentación, no que ela nos dicía tres frases sobre ela, pero unha delas era falsa, nós tiñamos que adiviñar cal. Para iso podiamos facerlle preguntas, e ao final dicir cal era a falsa e xustificalo. Todo isto en inglés cun pequeno «mélange» de francés. Grazas a esta actividade puidemos coñecer mellor á profesora, xa que é algo normal que os alumnos teñan curiosidade polo mestre novo; e ao mesmo tempo podía ver o noso nivel en lingua, polo que era unha proba de avaliación inicial.
A segunda actividade que nos ensinou foi unha de avaliación inicial de carácter auditivo. Nun folio con liñas numeradas, rectángulos e círculos, ía dicindo a liña ou rectángulo en cuestión, e indicábanos unha acción a realizar, escribir onde naceramos, ou o noso artista favorito. Con esta actividade comprobamos o nivel auditivo dos alumnos, e pódese adaptar a distintos niveis de dificultade segundo o curso.
Despois duns breves apuntamentos de teoría explicounos a diferenza entre:
·         Exercicio: controlado polo profesor, é máis restritivo, xa que se centra nun aspecto.
·         Actividade: máis implicación por parte do alumno, ten un contexto claro, pero non se centra nun único aspecto.
·         Tarefa: conxunto de actividades cun obxectivo común.
·         Proxecto: conxunto de tarefas.
Para iso, cunha serie de fotos, indicounos por grupos que tiñamos que inventar unha actividade a partir desas fotos. Dependendo do curso en cuestión, podíanse usar as mesmas fotos pero con distintas actividades, polo que o mesmo material serve para distintos niveis.
Como deberes de primeira sesión mandounos crear unha actividade que se poida usar con algo que levemos no bolso (ou equivalentes). No meu caso foi crear unha historia sobre unha viaxe a Andalucía en pleno verán, na que o autobús se quedaba parado. O condutor, un dos profesores e os alumnos quedaban no autobús, mentres que o outro profesor e catro alumnos ían ir buscar axuda á unha das vilas a 10 km á redonda. O profesor levaría unha botella de auga (o meu obxecto) e cada un dos alumnos levaría un.
Os alumnos dividiríanse en grupos de catro para decidir que obxectos da lista son máis importantes. A lista é a seguinte:
·         Lampe de poche
·         De l’eau en bouteille.
·         Couteau.
·         Carte de la région.
·         Montre.
·         Kit de réparation.
·         Trousse de secours.
·         Corde.
·         De la nourriture.
·         Casquette.
·         Mobile.
Este exercicio realizaríase despois de explicar o condicional, xa que desta forma poderían facer hipóteses sobre que obxectos levar. A profesora explicounos que, con esta actividade, podería usarse para chegar a un consenso entre toda a clase, xa sexa para qué película ver ou para calquera tema, primeiro individualmente se fai unha lista de prioridades, despois en pequeno grupo e logo en conxunto, e desta forma chégase a un consenso en común no que cada un ve unha parte da súa lista representada.
Na segunda sesión empezamos facendo un pequeno encrucillado no que había unha característica sobre nós e tiñamos que poñer o nome da persoa en cuestión.
Esta sesión foi máis teórica, xa que desenvolvemos todas as competencias básicas, ademais de desenvolver dúas das actividades de deberes e logo, en pequeno grupo, falar sobre as nosas actividades.
Como deberes desta segunda sesión hai que deseñar unha actividade na que haxa dúas das competencias básicas, sen contar a lingüística, e subila ao blog, polo que pronto haberá unha actividade colgada.

2 comentarios:

  1. Moi bos comentarios, Tomy, merci bien. Só sinto non poder facer todo bilingüe para que os de francés non vos sintades un pouco abandoados! Agradezo o voso esforzo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que Carlos xa fai as clases máis afrancesadas, polo que a asignatura está equilibrada.

      Eliminar