viernes, 28 de noviembre de 2014

Diario: Terceiro día con Luz

Nesta terceira clase con Luz, nada máis empezar fixemos un wordmap que consistía en facer dúas listas de 10 palabras cada unha, nunha lista verbos de uso cotiá e na outra substantivos. Despois, debaixo de cada lista, tiñamos que poñer un número do 1 ao 10. E coa palabra que coincidise con ese número deberiamos facer unha frase. Neste wordmap estableceu as instrucións paso por paso, para que non fose moi difícil de entender a tarefa. Logo, por grupos de catro, había que explicarlle ao resto en que consistía a nosa frase como se se tratase dun novo traballo do século XXI. A miña frase era un écouteur de peur, pero como fun de paria e me xuntei cos de inglés, traducín a miña frase a a fear listener. E bueno, tan mal non foi cando me entenderon.
Con esta actividade, Luz quería demostrar que as actividades non só son orais ou escritas, ou de recepción ou comprensión, que na maioría dos casos se traballan de forma mixta.
Logo, a través dun audio, quixo mostrarnos as etapas a realizar cun audio ou vídeo. Un prelistening, no que se traballaría algo semellante a un wordmap, no que se podería poñer o título do vídeo, ou un elemento característico e a partir de aí sacar por exemplo posible vocabulario relacionado. Mentres oen e/ou ven o vídeo ou son teñen que facer algunha actividade sinxela que non lles impida oír, pero que lles manteña a concentración, como por exemplo, do vocabulario do prelistening ir mancando os que saian. Despois de oír/ver xa virían os exercicios máis completos.
Dicir que a dificultade dos exercicios non depende do material, senón do que se pida facer con ese material.
Finalmente, ofreceunos diverso material co que traballar, e realizar unha actividade de audio/vídeo, no que habería as tres partes antes descritas. Eu, coma antes, fun de paria pola vida e uninme aos de inglés. Fixemos a canción «The logical song», no que antes de oír a canción os alumnos por parellas ían a describirse (non só fisicamente, xa se explicitaba no título), e logo faríase unha lista no encerado cos adxectivos de cada grupo.

Durante a canción terían que identificar cales dos adxectivos saíron na canción, ademais de engadir algún dos que oían. E finalmente, despois da canción, os alumnos deben clasificar os adxectivos en positivos e negativos, e facer unhas cantas frases usándoos.

2 comentarios:

  1. Hola Tomás, me ha gustado el resumen que has hecho de la clase de Luz. Como bien has dicho, la actividad inicial de wordmap permite demostrar que las actividades son mixtas y combinan tanto expresión como comprensión oral y escrita, además creo que este tipo de actividades, al no ser demasiado complejas, son una buena forma de empezar una clase de lenguas extranjeras y animar a los alumnos a que se suelten y se sientan cómodos hablando.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Muchas gracias, Carla! La verdad es que sí, y creo que nosotros mismos comprobamos como el hecho de empezar las clases de Luz con un wordmap hace que estemos más animados a la hora de encarar la clase. Son actividades simples, que apenas llevan tiempo y esfuerzo, y ayudan bastante al alumno.
      Gracias por comentar, un saludo.

      Eliminar