lunes, 8 de diciembre de 2014

Dossier: Segundo exercicio con Luz.

Nesta ocasión tiñamos que escoller entre unha serie de actividades aloxadas en distintas páxinas dedicadas á ensinanza de linguas estranxeiras e explicar por que esas actividades son atractivas e que competencias se traballan.

Dos distintos sitios webs que vin, acabei decantándome pola actividade «Les indices» de polarfle.com, aínda que no meu caso, á hora de realizala, realizaría unha serie de modificacións.
A actividade en si mesma consiste en que un ladrón entrou a roubar na casa, o profesor explica, como se fose un detective, a posible ruta que seguiu o ladrón á hora de roubar algúns obxectos. Os alumnos deben continuar a historia e explicar que obxectos faltan e en que habitación se encontraban. Desta forma os alumnos aprenden vocabulario das distintas estancias da casa, así como cousas de uso cotiá dentro dunha casa.



A modificación que eu realizaría é, que por grupos de catro, realicen a actividade de forma cooperativa. Cada alumno, e grupo, ten o mesmo plano da casa, e unha lista de obxectos que normalmente se poden atopar nunha casa. Cada alumno entrega o seu plano ao compañeiro do lado, que deberá escribir os obxectos que pertenzan á primeira habitación do plano; o seguinte  compañeiro escribirá os de outra habitación, así ata que os catro escribiron nos catro planos. Desta forma, os catro alumnos enchen o vocabulario de todas as habitacións, e de haber algunha discrepancia, poden debater en grupo. Finalmente, entre os catro, deben continuar a historia.

Con esta actividade os alumnos traballarían a competencia lingüística, a competencia no coñecemento e interacción co mundo físico, a competencia social e cidadá, así como a competencia en autonomía e iniciativa persoal.

Esta actividade podería realizarse con alumnos de 2º da ESO, e pódese adaptar con distinto vocabulario a outros niveis.

5 comentarios:

  1. Muchas gracias por compartir esta actividad, a mí personalmente me ha gustado mucho, sobre todo una vez realizadas las modificaciones que propones. Creo que la actividad original era demasiado "abstracta" porque no se proponía un vocabulario específico y al hacerse en conjunto corremos el riesgo de que se quede gente sin participar. Además es una actividad que como bien dices se podría adaptar a cualquier nivel, desde el más básico hasta el más avanzado.

    ¡Buen trabajo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Muchas gracias, Carla! La verdad es que sí, la actividad original me gustaba pero no me acababa de convencer del todo, me alegro de que te gustasen los cambios.
      Un saludo, y ¡gracias!

      Eliminar
  2. Estoy de acuerdo con Carla. Me ha parecido una actividad muy flexible con la que puedes trabajar muchas competencias. Por otra parte, creo que has hecho muy bien haceidno esas modificaciones, así te centras en un tema y un vocabulario determinados.

    ¡Gracias por compartir!

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que a actividade pódese facer con calquera nivel, está moi ben, só hai que facer pequenas adaptacións como ti fixeches.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vexo que o feito de modificar a actividade foi un acerto.
      Gracias polo comentario, e un saúdo!

      Eliminar