Nesta ocasión
tiñamos que escoller entre unha serie de actividades aloxadas en distintas
páxinas dedicadas á ensinanza de linguas estranxeiras e explicar por que esas
actividades son atractivas e que competencias se traballan.
Dos distintos
sitios webs que vin, acabei decantándome pola actividade «Les indices» de
polarfle.com, aínda que no meu caso, á hora de realizala, realizaría unha serie
de modificacións.
A actividade en
si mesma consiste en que un ladrón entrou a roubar na casa, o profesor explica,
como se fose un detective, a posible ruta que seguiu o ladrón á hora de roubar
algúns obxectos. Os alumnos deben continuar a historia e explicar que obxectos
faltan e en que habitación se encontraban. Desta forma os alumnos aprenden
vocabulario das distintas estancias da casa, así como cousas de uso cotiá
dentro dunha casa.
A modificación
que eu realizaría é, que por grupos de catro, realicen a actividade de forma
cooperativa. Cada alumno, e grupo, ten o mesmo plano da casa, e unha lista de
obxectos que normalmente se poden atopar nunha casa. Cada alumno entrega o seu
plano ao compañeiro do lado, que deberá escribir os obxectos que pertenzan á
primeira habitación do plano; o seguinte
compañeiro escribirá os de outra habitación, así ata que os catro
escribiron nos catro planos. Desta forma, os catro alumnos enchen o vocabulario
de todas as habitacións, e de haber algunha discrepancia, poden debater en
grupo. Finalmente, entre os catro, deben continuar a historia.
Con esta
actividade os alumnos traballarían a competencia lingüística, a competencia no
coñecemento e interacción co mundo físico, a competencia social e cidadá, así
como a competencia en autonomía e iniciativa persoal.
Esta actividade podería realizarse con alumnos de 2º da ESO, e pódese adaptar con distinto vocabulario a outros niveis.

Muchas gracias por compartir esta actividad, a mí personalmente me ha gustado mucho, sobre todo una vez realizadas las modificaciones que propones. Creo que la actividad original era demasiado "abstracta" porque no se proponía un vocabulario específico y al hacerse en conjunto corremos el riesgo de que se quede gente sin participar. Además es una actividad que como bien dices se podría adaptar a cualquier nivel, desde el más básico hasta el más avanzado.
ResponderEliminar¡Buen trabajo!
¡Muchas gracias, Carla! La verdad es que sí, la actividad original me gustaba pero no me acababa de convencer del todo, me alegro de que te gustasen los cambios.
EliminarUn saludo, y ¡gracias!
Estoy de acuerdo con Carla. Me ha parecido una actividad muy flexible con la que puedes trabajar muchas competencias. Por otra parte, creo que has hecho muy bien haceidno esas modificaciones, así te centras en un tema y un vocabulario determinados.
ResponderEliminar¡Gracias por compartir!
A verdade é que a actividade pódese facer con calquera nivel, está moi ben, só hai que facer pequenas adaptacións como ti fixeches.
ResponderEliminarVexo que o feito de modificar a actividade foi un acerto.
EliminarGracias polo comentario, e un saúdo!